Regulamento xeral de obrigado cumprimento


Art.1.- A marcha cicloturista Ruta BTT Ourense esta aberta a todo ciclista maior de 18 anos e poderán participar nesta proba todas aquelas persoas que teñan completado satisfactoriamente o proceso de inscrición. A saída oficial da marcha será ás 9.30h. O peche de control será ás 14.00h.

Art.2.- NON EXISTE posibilidade de inscribirse o día da marcha ou unha vez pasado o prazo de inscricións. O proceso de inscrición consta de tres fases:

1. Preinscricion: O interesado debe completar satisfactoriamente o proceso de preinscrición, que consiste en cubrir o formulario da zona de inscrición na páxina [www.rutabttourense.es]. O formulario, unha vez cuberto correctamente, nos leva a unha páxina de confirmación da inscrición cos datos cos que foi inscrito. Pódennos aparecer dúas mensaxes: "Inscrito correctamente" ou "En lista de espera". "Inscrito correctamente" quere dicir que está preinscrito e pode proceder ao pagamento para estar inscrito definitivamente. "En lista de espera" quere dicir que se agotaron as prazas e debemos esperar a que a organización se poña en contacto con nós ou ver na páxina a sección "Lista de inscritos", e ver se cambiamos o estado de "En espera" a "Preinscrito".

2. Poderá proceder ao pagamento unha vez preinscrito, nunca antes. O feito de efectuar o ingreso da inscrición non da dereito á participacion. É indispensable estar preinscrito co fin de non sobrepasar o número máximo de participantes (200). O ingreso deberá realizarse no número de conta 2080-0268-47-0040013814 da entidade CAIXANOVA por un importe de 10 euros, facendo constar o nome, apelidos e DNI do participante.

3. Unha vez efectuado o ingreso, se debe proceder ao envío dun fax ( 988 245 308 ) ou correo electrónico ( clubeciclistaduasrodas@ciclosportgil.es ) co xustificante de pago. Se recomenda solicitar confirmación de envío do fax.

Data límite para inscribirse: o 11 de xuño ás 20.00 horas ou cando se alcance o número máximo de participantes.

Por motivos de seguridade, o número máximo de participantes sera de 200, pechándose a inscrición no momento de alcanzar o devandito número. Art.3.- Poderase efectuar a recollida de dorsais:

1. O venres día 12, de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 e o día anterior á marcha, sabado día 13, entre as 10.00 e as 13.00 horas en Ciclosport Gil Ourense (R/ Arturo Pérez Serantes, 5 – Pza. Mercedes)

2. No control de saída, situado no Complexo Polideportivo de Oira de Ourense (Paseo de la Praia Fluvial s/n), entre as 09.00 e as 09.25 do propio día 14 de xuño.

Art.4.- O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha óptima condición física, psíquica e deportiva.

Art.5.- Á bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada, bote de agua e ferramentas para reparacións.

Art.6.- É obrigatorio o uso de casco protector.

Art.7.- A pesar de que o percorrido se atopará convenientemente señalizado, o corredor é o único responsable de respetar as indicacións do persoal da organizacion e as disposicións da Lei de seguridade vial. Todos os participantes están obrigados ao cumprimento das indicacións y as disposiciones antes mencionadas.

Art.8.- Dado que a proba recorre zonas de gran valor natural é de obrigado cumprimento o respeto ao medio ambiente. Esta prohibido ensuciar ou degradar o itinerario arroxando desperdicios.

Art.9.- De xeito estricto, poderase penalizar ou expulsar da Marcha, a aqueles participantes que:

1. Suplanten a identidade doutro participante.

2. Non respeten o código de circulación.

3. Non respeten as consignas de seguridade indicadas polas Forzas do Orde ou pola organización.

4. Non pasen polo control de saída e por outros situados no percorrido.

5. Ensucien ou degraden o itinerario, arroxando desperdicios.

6. Teñan comportamentos que impidan o normal desenvolvemento da proba e que vaian en contra do presente regulamento.

Os membros das Forzas do Orde e da organización tomarán nota de aqueles que incurran nalgunhas das conductas indicadas anteriormente, e se reservan o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes.

Art.10.- Los avituallamentos serán:

1. Líquido.

2. Líquido + sólido.

3. Catering ao remate da proba.

Art.11.- A Organizacion non se fai responsable dos accidentes que puideran contraer os participantes ou terceiras persoas.

Art.12.- A Organizacion resérvase o dereito de modificar todo o relativo a itinerario, horarios, etc... cando por algún motivo o crera necesario.

Art.13.- O feito da inscrición nesta proba supón a aceptacion do presente regulamento e a renuncia a todos os derechos contra a Organización.

Art.14.- A aceptación explícita ou implícita (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante dá o seu consentimento á Organización para que poda utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT de Ourense en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación,etc.)

Art.15.- Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante de inscrición, xustificante de pago e confirmación de envío do fax

Art.16.- Recordamos que a II Ruta BTT de Ourense é unha manifestación en favor do deporte, polo que a Organización recomenda asumir como valores para disfrutar deste evento, os principios fundamentais do deporte.

© by & because