Tendes a disposición o track da ruta do día 14. Para os que comprarades o gps hai pouco: Debedes facer clic co botón dereito sobre a palabra "track", que está noutra cor, e clicar co botón esquerdo en "Guardar archivo como" o "Guardar enlace como", e permítevos descargar o track ao voso ordenador, para logo pasalo ao gps que levades na bici.
Se só queredes visualizar o percorrido, pulsade aqui.
Para definir o trazado definitivo, duns 48 quilómetros, os compañeiros que o elaboraron fartáronse de buscar os mellores camiños que vos puidesemosdar, e para iso rexeitáronse decenas e decenas de quilómetros que se axustaban ao que buscabamos.
Agardamos que vos guste.
¡¡ Xa está en marcha a II Ruta BTT Cidade de Ourense!!
Antes de explicarvos as maravillas que vos agardan nesta nova edición da ruta de Ourense, detallamos a información máis salientable, de xeito que a podades recordar cun vistazo:
Data: 14 de xuño de 2009.
Hora de saída: 09.30 horas
Lugar de saída: Complexo Polideportivo de Oira (Paseo de la Praia Fluvial s/n)
Distancia: 48 km
Dificultade: Media-Alta.
Este ano decidimos cambiar varias cousas co fin de ir afinando, non porque o que había estivese mal, senón por mellorar o que xa estaba ben. O principal cambio é o lugar de partida e de chegada, optando por un paraxe excepcional, tanto polas vantaxes loxísticas que ofrece como polo emprazamento en sí, como é o Complexo Polideportivo de Oira. Unha zona ao carón do río Miño e que, sen dúbida, saberedes disfrutar ao remate da ruta.
Debedes ler o regulamento da ruta (No menú tamén ten unha zona específica), posto que é de obrigado cumprimento. A pesar de que no regulamento se especifican os pasos a dar para acadar a condición de inscrito, facemos un sinxelo resumo porque igual de sinxelo é o procedemento de inscrición:
1. Facer clic no enlace de inscrición, o cal te leva ao formulario de inscrición.
2. Para que o formulario sexa válido, é necesario cubrir os datos marcados con (*), posto que son obrigatorios.
a. Os datos que non son obrigatorios xa aparecerán confirmados aínda que non teñan datos no formulario, precisamente pola súa condición de "non obrigatorios".
b. O nome e os apelidos han de ter 2 caracteres como mínimo para que sexan validados correctamente.
c. O DNI son só 8 cifras sen letra ao final.
d. O correo electrónico valida que teña sintaxe de dirección electrónica.
e. É necesario aceptar o regulamento para que valide correctamente o formulario.
3. Unha vez enviado o formulario nos leva a unha páxina onde se ven os datos persoais detallados e che dá unha mensaxe, segundo:
a. Estás preinscrito. (Acades unha praza dispoñible)
b. Estás en lista de espera. (As prazas de preinscrición están completas) Teremos que agardar a que alguén renuncie á preinscrición e a que a organización nos inclúa na lista de inscritos como preinscrito. Sendo así podemos proceder ao pagamento da cota de inscrición (10 €) na conta bancaria do club. Debemos facer constar o nome e apelidos e o dni.
NOTA: Recomendamos imprimir a folla de inscrición.
4. Facendo clic en "Lista de inscritos" nos presenta a todos os inscritos co seu estado de inscrición (preinscrito, inscrito ou en lista de espera). Se estás preinscrito deberás facer o pagamento e enviar o xustificante por fax ou correo electrónico.
Estimados/as amigos/as,
Estamos encantados de poder contar con esta nova ferramenta de comunicación, para compartir con vós todas as novidades ao respecto da nosa actividade. Agardamos que este sitio web sexa do voso agrado e que vos facilite o acceso á información, á inscrición nos eventos deportivos e a novas categorías que se prevén incorporar no futuro.
Coidamos que é unha obriga con todos vós poñernos ao día nestes aspectos, e esta é a nosa contribución para a integración de inventos tan lonxanos no tempo como a roda e a internet.
Reiteramos o noso máis sinceiro agradecemento a toda a xente que, co seu apoio, nos dá alento e ganas de enfrentarnos ao traballo que, os que organizades rutas xa sabes que, tan duro é.
Sen máis, recibide os nosos saúdos e benvidos.